O MONSTRO DE ILLE

Cando todo o sobrenatural era natural e meigas, demos, feitizos e Inquisición convivían con normalidade nun universo complexo e imprevisible. Esta é a historia de tres mulleres ás que a historia e a ignorancia van pasar por enriba, esnaquizándoas. Tamén é a historia dun instante en que a Fe e a Ciencia chocan violentamente. Temores e envexas, malfalares e maldicires, odios, nenos que veñen e non deberían vir, sacerdotes que desexan o que non deberían. Un crebacabezas cheo de intensidade, de violencia e de agochos misteriosos. A primeira achega narrativa de Jorge Emilio bóveda ao catálodo da Editorial Galaxia.

BOOKTRAILER

ALGUNHAS PRESENTACIÓNS