JORGE EMILIO BÓVEDA

ACTUALIDADE (15/02/2026)

 

  • Escritor de narrativapensamento e ensaio literario e cinematográfico.
  • Coordinador da Revista Inviable.
  • Director en centro educativo.
  • Coordinador de programas pedagóxicos en linguas inglesa e galega.
  • Relator de cursos de creación literaria.
  • Mestre de lingua inglesa.
  • Deseñador gráfico.
  • Músico autodidacta.
  • Lector desordenado en varias linguas.
  • Debuxante por impulso.
  • Colaborador eventual en proxectos educativos.

 

FORMACIÓN

 

  • Diplomado en Linguas Estranxeiras pola Universidade de Vigo.
  • C1 inglés acreditado Trinity College London.
  • Estudos de Psicopedagoxía pola UNED.
  • Especialista en Informática Educativa.
  • Acreditación C1 en Competencia Dixital Docente pola Xunta de Galicia.
  • Cursos entre a creación literaria, a psicoloxía e o ensino que non é preciso especificar.

 

OUTROS DATOS

 

 

PREMIOS LITERARIOS

 

  • Finalista do premio Relatos de Verán de La voz de Galicia. Ano 2000.
  • Finalista certame relatos Catro a Catro polo relato Vida Eterna. 2016.
  • Finalista do premio de novela O peirao. Ano 2017.
  • Premio Peirao de novela 2018 por Eternos Propietarios.
  • Finalista no concurso nacional de relatos Inspiraciencia. Ano 2022.
  • Distinción Círculo Poético Ourensán á traxectoria literaria no Encontro Internacional de poesia Víctor Campio. Ano 2024.

 

OUTROS DATOS

 

  • Premios educativos en varias ocasións ao deseño de páxinas web e ás revistas escolares.
  • Oficios do máis variado, compaxinados coa creatividade en maior ou menor medida: peón industrial, repoñedor de supermercado e hipermercado, enquisador, docente de inglés e informática en academias, mozo de carga, mecanógrafo, axente de seguros, limpador, deseñador web, debuxante, ilustrador ousado, redactor de paneis para roteiros...

 

+ info na wikipedia

 

 

[email protected]

 


Aviso legal | Política de privacidad | Mapa del sitio | Retirar contrato