SINOPSE
Xan Ferreira, entusiasta lector de sesenta e pico anos, dirixe o seu coche vello nunha noite de trebón cara a casa da súa ex dona para recoller a última caixa de libros tras ter consumado o proceso de divorcio. Detén o coche preto da súa aldea de orixe para pensar, reflexionar e tentar recapacitar a súa actitude coa súa dona e coa súa filla sen ser consciente de que está a piques de vivir a noite más extraña da súa existencia. Unha experiencia entre dous mundos chamados Quintela do Pombal: o mundo da aldea de antes e o mundo da aldea de agora.
POR QUE?
É un alegato en contra do absolutismo do tempo. É unha novela ultrairónica que trata con orixinalidade o drama da espoboación das aldeas e a “reconversión” das mesmas en zonas onde se practica o inefable turismo rural. É unha visión sobre o inxenuo que é o xénero humano á hora de agardar que as cousas cambien, cando en realidade, para unha meirande parte das persoas as cousas veñen determinadas. Sobre a estulticia, a tristeza que produce interatuar con seres que pasan pola vida sen consentir que a vida pase por eles. A busca persoal, a evitación intensa da desmemoria, as orixes, a desmitificación dos seres que levan mortos algún tempo. Por que temos que mitificar aos nosos bisavós se non sabemos que clase de persoas foron??? É unha novela altamente simbolista onde todo ten un por que. Que bebe das fontes clásicas da literatura e das lendas das tradicións celtas e nórdicas. Unha novela que ben se puidera ter subtitulado: A VERDADEIRA NOITE DE WALPURGIS. Deixando patente que é un traballo atípico no que se conxugan a ironía, o desacougo, o ambiente das grandes obras románticas, un forte pouso cultural e literario e uns diálogos contundentes que lembran por momentos a unha obra ensaística necesaria
Publica TOXOSOUTOS e ten limiar do moi recoñecido escritor ourensán Ramón Caride Ogando, autor de máis de corenta libros. Penso que co comezo do novo curso escolar, a partires de setembro, estará nas librarías.