A HABITACIÓN SECRETA

Antón Castro ve morrer os días atado ao horario dunha fábrica de conglomerados; dubidando de quen é, de onde ven e cara onde vai.

Ponlle a cara ao presente co apego que sente polo seu único amigo Xulio Hernández, un compañeiro de traballo amigo do alcol, cuxa filla abrirá os ollos de Antón, flotando malamente nun mar de inxenuidade impropia dun home que leva medio século tentando pasar pola vida evitando que a vida pase por el,  e loitando contra aquela frase que dicía na miña soidade vin cousas moi claras, que non son verdade.

 

Esta novela, como todo o que escribe Bóveda, é un cuarto de meditación. Novela que reflexiona sobre a incomunicación e soidade (Castro), a derrota (Hernández) e, tamén, a esperanza: o estímulo do amor, ou algo parecido. Unha novela de interiores que navega o océano, tantas veces gris, dos sentimentos.

 Xosé Carlos Caneiro (escritor)

 

A ironía das cousas que nos ocorren, a paixón por vivir autenticamente… nunha novela excelente onde o fío de ouro común é o que debemos considerar en íntima posesión.

Javier González Lamela (editor)

BOOK TRAILER

PRESENTACIÓN

Presentei miña novela A Habitación Secreta no liceo de Ourense. Acompañado do meu editor David G. Couso e do xestor cultural e amigo J. A. Santos. Foi un encontro íntimo no que falei do leit motiv do libro, así como da existencia de unha habitación secreta dentro de cada un de nós.

CRÍTICAS

CRÍTICA LITERARIA SOBRE O LIBRO POR PARTE POLO CRÍTICO LITERARIO ESTRO MONTAÑA

A HABITACIÓN SECRETA BAIXO A ÓPTICA DE ARMANDO REQUEIXO

A HABITACIÓN SECRETA SEGUNDO XOSÉ CARLOS CANEIRO

ENTREVISTAS

A HABITACIÓN SECRETA NO ROMPECABEZAS DE TELEMIÑO