Como curiosidades a este respecto, fixen algunhas curtametraxes cutres animadas con Flash e Animator Pro + Smack, programei alguns videoxogos con Game Maker e Neobook + Javascript e gañei un premio de innovación educativa por un espazo web programado con Flash hai moitos anos.
Hai moitos anos, tamén,obtiven unha mención do Centro de Transfusión de Galicia pola creación, para un proxecto de doazón de sangue, dunhas animacións de personaxes en Flash 5 ao meu xuízo espantosas.
Obtiven premios por revistas educativas feitas con Publisher hai tamén un fato de anos e,
a día de hoxe, inda son un electrónico frustrado autodidacta que aproveita a mínima para facer falcatruadas eléctricas. Case son un electro-trasno que ás veces, para desestresarse, constrúe cachifallos electrónicos con quincalla.