COLABORACIÓNS

CONTOS ESTRAÑOS. VOLUME 9

A participación no múmero 9 do Contos Estraños encheume de ledicia, xa que o relato longo Heorot é unha das miñas propostas máis emocionais. Contei desta volta coa aportación dunha ilustración por parte do meu amigo o artista Josef mendez (www.artehorror.com) que fixo un traballo a lápis espectacular.

Heorot é unha proposta de ficción científica dura que segundo o primeiro lector, Manuel Ángel Gayoso, ten un final sorprendente.

CONTOS ESTRAÑOS. VOLUME 7

 

 

Participei no numero 7 de Contos Estraños co grupo de relatos titulado Xeonautas. Un feixe de relatos de prosa ensaística con tinturas de Ciencia Ficción dura.

Compartin espazo con outros autores xa coñecidos ao redor das propostas literarias da editorial Urco. Penso que este foi o último número de Contos Estraños como editora independente antes de fusionarse con Urco. Un pracer participar.

CONTOS ESTRAÑOS. VOLUME 6

 

 

 O pasado 11 de agosto do 2013 presentouse na feira do libro da Coruña o número 6 do libro Contos estraños. Desta volta dedicado ás lendas da Gallecia. Participei gostosamente nel cun conto histórico (completamente baseado na realidade) titulado Vampiros no Eirado e cun microconto sobrenatural con título Mamá. Foi unha experiencia grata como sempre e foi un pracer toparme cos autores doutros números. Por certo, fumos comer xuntos e inda botamos unhas gargalladas.

SOMBRAS NO BERCE

"somBrAs no bErcE nace como unha inquietude por compartir os soños, ideas e paranoias dun grupo de autores. Xente que sente a necesidade de sacar ao exterior as imaxes, historias e personaxes que baten contra os confíns da súa imaxinación.

 

Nesta recompilación acharedes relatos inquietantes, misteriosos e atafegantes pero que gardan elementos comúns que se aferran ás fronteiras máis ancestrais da nosa infancia, de cando a nosa mente era quen de ver as cousas como son e non como as queremos ver." (texto copiado da páxina www.redelibros.com)

 

Poderedes descarregar de balde o libro en todos os formatos electrónicos posibles na seguinte ligazón:

 

http://www.redelibros.com/social/book/1020560

 

Marabillosa recensión aquí:

 

http://losrelatosdepatri.blogspot.com.es/2013/06/entrando-en-sombras-no-berce-fantasia-y_4.html

CONTOS ESTRAÑOS. VOLUME 3

 

 

 

Veño de participar no volume de Contos estraños nº3 xunto con outros escritores. Miña achega foi o relato de ficción científica A familia do tempo.

A presentación do traballo foi en outubro do 2012 en Santiago de Compostela, e a verdade é que o pasamos moi ben todos os autores. O acto tivo lugar, entre outros locais, no pub Tattoine. Documentos gráficos a continuación:

BREVIARIOS LITERAURIA: RETORNO A LETHES

 

 

Participei na iniciativa de Literauria a través de Xerardo Méndez para imprimir un caderno cun relato de cada escritor ourensán contemporáneo, para polos á venda na feira do libro de Ourense ao simbólico prezo dun euro. Foi unha excelente idea. Se vos interesa meu caderno está á vosa disposición na libraría Torga de Ourense. O relato trátase de Retorno a Lethes.

CONTOS ESTRAÑOS VOLUME 1

  • Segundo número da publicación trimestral Contos Estraños Pulp. Adicada a promoción e divulgación da fantasía, o terror ou a ficción-científica en galego. Neste tomo homenaxéase o mestre do terror H.P. Lovecraft con varios relatos que utilizan os famosos mitos de Cthulu para dar forma a historias ambientados na galiza rural.

    Inclue entre outros relatos magníficos de autores galegos meu breve "Sentenzas de volta".

  • +info

RELATO EXPRESS 2010

 

 

Xa está á venda na libraría Torga de Ourense, o libro de relatos rápidos saído nas cuartas xornadas de escritores ourensans. O volume escribiuse e encadernouse nunhas poucas horas. Miña aportación é un contiño titulado Non se ama coma antes, e comparto libro con Belén de Andrade, Ramón Caride, Alba Cid, Xosé Carlos Dominguez Alberte, Chisco Fdez Naval, Camilo Franco, Álvaro Lago, Marco Valerio, Xerardo Méndez, José Lino Monjardín, Eva Moreira e Juan Tallón.

EN DEFENSA DO POLEIRO

 

 

 

Veño de participar no libro EN DEFENSA DO POLEIRO. A VOZ DOS ESCRITORES GALEGOS EN CELANOVA, publicado pola editorial galega TOXOSOUTOS  na colección NUME. Obra colectiva na que aportei o relato O Libro Común e feita coa fin de evitar que se privatice o mosteiro de Celanova; que os raposos metan as mans noutra masa. Unha unión de forzas contra as quenllas da especulación.

EN EL ENVÉS DE LA LUNA

He participado en el libro colectivo con autores bolivianos En el envés de la luna.

Los autores del libro son:

  • Rosse Marie Caballero
  • Celsa Barja
  • Paz Padilla
  • María José Blanco
  • Homero Carvalho Oliva
  • Jorge Emilio Bóveda
  • Óscar Barbery
  • José Antonio Santos

Mi aportación son dos cuentecitos: CEMENTERIO DE ELEFANTES y EL GEONAUTA. Ha sido una experiencia muy satisfactoria.

COLECTIVO 1

Participei no libro colectivo COLECTIVO 1, do Círculo Poético Ourensán (Marzo-abril/2010), baixo o auspicio de "Participación cidadá" do concello de Ourense. Somos dez autores: Joel Varela, Carlos Ferreiro, José A. Santos, Juan Manuel Pérez, María José Blanco, Javier González Róiz, Jorge Emilio Bóveda (servidor), Adrián González, Pablo I. Torrado, Julio M. Prado e José Ramón F. Morgade. Meu relato titúlase RETORNO A LETHES e é unha fábula distópica.

RELATOS DE VERÁN 2000

 

 

Unha das primeiras incursións no solitario mundo do literario. O relato, titulado UN CAMBIO EN SU VIDA, adoecía de erros estilísticos pero segundo a certa repercusión que tivo primaba polo seu fondo sobre a súa forma. Narraba o trebón interno dun persoaxe que se nega a socorrer a unha persoa que está sendo secuestrada...

RELATOS DE VERÁN 2002

Volvin caer no erro de ceder un relato novel para que outros fixeran unha antoloxía de autores nóveis. Esta vez o libro compendiaba o maxin de 124 autores, polo que a editorial se aseguraba as vendas para cubrir os gastos da publicación. Sempre boas palabras.

O relato leva por título INTRUSO SONORO e narra dun xeito simbólico o anonimato dunha morte suicida, amosando a contraposición entre unha paisaxe costumista e o peso da presión mental dun personaxe que xa non está; cuxa vicisitude está sendo contada quizais pola propia morte, envolta na súa escura saba.

PARNASO ALQUIMIA DE FICCIONES

Amosei as miñas inquedanzas cara o ensaio por primeira vez nesta revista literaria, cun breve artigo sobre a vida do curioso autor (que no predilecto) Howard Phillips Lovecraft. Chamou por min a súa concepción de escritor erudito e encumiado, cando en realidade o seu excesivo uso dos adxectivos conspirou na súa contra.

Dispoñible en Cyberdark.com

UN INTRUSO SONORO

El protagonista de la historia, anónimo, se ve inmerso en un mar de desazón y hastío. Cree ingenuamente que un cambio de emplazamiento en su lugar de residencia le proporcionará una suerte de vida nueva. Pronto descubrirá que está equivocado, que la soledad no se redime por el mero hecho de cambiar de escenario. Posteriormente se topará con unos manuscritos que el antiguo inquilino ha abandonado, que le llevarán de la mano a una introspección reveladora de sonoros matices.

Valentín Barreiros y Jorge Emilio Bóveda (Ourense) son dos almas inquietas unidas por el hilo de la creación. Se han propuesto construir una historia lírica e intimista a partir de varios relatos de Bóveda. El resultado es una incursión original en la literatura que probablemente abra los ojos del lector a un fastuoso mundo interior.

 

A CORUÑA Á LUZ DAS LETRAS

Participei nesta antoloxía de relatos que conmemoran a marabillosa cidade da Coruña, cun relato titulado ETERNO RETORNO. Breve narración que fala do caracter cíclico dos acontecementos que contextualizan á humanidade:

 

NUDOS

Fixen este libro, que podedes atopar na web www.liberlibro.com, con Valentín Barreiros e con Estrella Casares. Trátase de tres relatos de Barreiros encadeados con doce relatos de Estrella Casares sobre o zodíaco que publicou na súa creativa sección de mundourense.com, chamada No Soy Sanchez Dragó. Os tres relatos de Barreiros tamén teñen un fío condutor con varios relatos meus que xa estaban publicados pola internet e no libro que publiquei románticamente este verán: Vuesencia, e digo románticamente porque algúns das narracións daquela antoloxía non teñen demasiada calidade literaria, pois prima a idea, a busca da sorpresa no lector, sobre a estética literaria. Por iso, tanto Valentin coma eu tentamos escoller os máis axeitados para este NUDOS. Unha experiencia literaria. Outra experiencia literaria. Un chanzo máis na escalinata da literatura que agardo que se goce.

P.D.: se teñen ocasión de ler NUDOS non se perdan, por favor, os relatos de Estrella Casares. Sen dúbida un talento literario por descubrir.