AFORISMO LIMITADO de pensamento e sentido común.

Por que aforismo limitado?

 

Pois aparte da intención de facer xogo de palabras con eses carteis dos locais que informan sobre o aforo, tamén é limitado por un xeito de dicir que o numero de aforismos do meu foro ten un límite concreto e reducido, e probablemente todos viran en torno ás mesmas ideas e algúns deles non son descubrimentos orixinais, pois a carreira da humanidade xa me levaba unha vantaxe importante.

 

Tamén son limitados estes aforismos porque pode que ás veces non cheguen á categoría de

aforismo e se queden na de “frases del maestro ciruela” (que non sabía ler e puxo “escuela”),
ou polas limitacións intelectuais que eu teño a diferencia da forma de rexer das grandes mentes que deixaron para a posteridade tantos aforismos e tan bos (quizais dos de verdade).

 

Cómpre dicir tamén que están clasificados por temas para dotalos dunha maior coherencia e porque xurdiron en contextos relacionados con eses epígrafes que os gardan. Pero o feito de telos encofrados en tales epígrafes non é unha negativa para o posible carácter transversal de
algún deles. Os temas non son deliberados e teñen bastante que ver co meu ser e meu vivir.
Agardo saiban disociar a parte egocéntrica.

DESCÁRGAO DE BALDE

AFORISMO LIMITADO. DE PENSAMENTO E SENTIDO COMÚN.
AFORISMO.pdf
Documento Adobe Acrobat 1'023.0 KB

PRESENTACIÓNS

PRESENTACIÓN DO LIBRO 29-IX-2011

Presentei o libro o día 29 de setembro do 2011 na biblioteca pública do barrio da Ponte, en Ourense. Levaba un guión no que ía falar algo da sentenza aforística, das miñas motivacións, do feito de pensar, do meu método de pensamento, da ausencia de interese da sociedade cara o pensamento, de aprender a pensar... e resulta que cando cheguei ali, con Circulo poético e con José Antonio Santos, topámonos que, aparte os medios de sempre, a biblioteca estaba chea de nenos e nenas de entre seis e once anos. Polo que desbotamos as pautas do guión e fixemos un acto distinto e improvisado a partires da presenza daquela xuventude. Orixinal e simbólico, serían dous apelativos axeitados.

PRENSA

NOVA EN "MUNDOURENSE" SOBRE A PRESENTACIÓN

ENTREVISTAS

"AFORISMO" EN TELEMIÑO

AUDIO DA ENTREVISTA EN TELEMIÑO

PRESENTACION AFORISMO.mp3
Archivo de audio MP3 1.8 MB