A XANELA INSÓLITA:

UNHA HISTORIA REDUCIDA DA FICCIÓN CIENTÍFICA LITERARIA

OBXECTOS FABULOSOS IDENTIFICADOS

É unha viaxe ao longo dunha estrada moi longa que comeza na civilización exipcia e remata nos nosos días, para (tentar) demostrar que as orixes da popularmente chamada Ciencia Ficción literaria pode que se remonten a máis de oito mil anos atrás, cando o ser humano xa se facía preguntas sobre o futuro.

 

Esta viaxe ten paradas nos países máis salientables na consolidación do xénero e nos persoeiros máis influentes. Tamén convida a descubrir subtemas, curiosidades e aspectos determinantes nas distintas épocas que percorreremos.

 

Unha viaxe longa, pero que ao afeccionado, ao lector curioso ou a calquera descubridor lle renderá coma se tivera sido a hipervelocidade.

 

 

BOOK TRAILER

PRESENTACIÓNS

PRIMEIRA PRESENTACIÓN: 8 DE XUÑO DO 2013

 

 

Presentei o libro na feira do libro de Ourense xunto cos libros seguintes: Contos de sombras, de Ariza Piñeiro. Galiza mutante: poder nuclear, de Tomás González Ahola, e O mundo secreto de Basilius Hoffman, de Fernando Cimadevila.

 

Gracias a todos o que vos achegastes, pese á choiva, e pese ao tarde que comezamos por mor da dilatación da presentación anterior.

Fotografía de Patricia Mariño
Fotografía de Patricia Mariño

SEGUNDA PRESENTACIÓN: 28 DE XUÑO DO 2013

Presentamos o libro na libraría "La librería" de Ourense, nun ambiente se selectos escollidos admiradores do xénero da Ficción Científica. Primeiro falou, meu amigo e infatigable escritor e poeta José Antonio Santos, logo Ramón Caride Ogando, autor do limiar e adaíl da Ficción Científica en Galicia e en galego e logo pechou un servidor cos seus humildes pareceres sobre os tempos e os espazos deste xénero tan válido para activar o mecanismo do pensamento (que tanta falta fai nos tempos que van). Gracias, moitas, aos que nos acompañastes en corpo e en mente, pero particularmente a Carlos Losada Blanco, polo esforzo que supuña para el.

PRESENTACIÓN NA LIBRARÍA BIBLOS DE BETANZOS

 

 

 

O que nun principio semellaba converterse nunha presentación "ortodoxa" ao carón de meu editor David Cortizo, rematou nunha conversa cercana con selectos escolleitos tomando un refrixerio. Entre os escolleitos se atopaba Manuel Bustabad Alonso, compañeiro de colexio ao que non vía dende facía máis de vinte anos.

Todo rematou cunha familiar sinatura de libros.

Pequena mostra da esencia do auténtico acto da escritura.

Dou as grazas a Tucho Calvo por contactar comigo e interesarse.

FALADOIRO 'INSÓLITO' NA LIBRARÍA TORGA VENTO DO SUL

O pasado 27 de febreiro, xoves, fixemos un faldoiro ao redor do libro na libraría Torga de Ourense ás oito da tarde. Acompañoume meu editor de Urco David Cortizo Conde e, a verdade, é que non agardaba tanta asistencia. Algúns interesados no tema da ficción científica, entre os que estaban o escritor de ourense Xerardo Méndez. Que escribíu un artigo ad hoc no seu blogue.

 

Hai que recoñecer que non é tema da devoción de moitos, pero quedounos claro aos presentes que a ficción científica é algo do pasado que mudou e que se integrou na literatura convencional.

CRÍTICAS

MARIO REGUEIRA PARA SERMOS GALIZA

DOLORES MARTÍNEZ TORRES PARA O FARO DA CULTURA

RAMÓN NICOLÁ PARA O SUPLEMENTO "CULTURAS" DA VOZ DE GALICIA

XERARDO MÉNDEZ NO SEU BLOGUE

OUTRAS MENCIÓNS